Nesta segunda entrega dedicada ao benestar das nosas vacas, Antón Camareiro (Adial) pon a mirada na importancia de medir o devandito benestar, porque, tal e como dixo William Thomson, "cando se pode medir e expresar con números aquilo sobre o cal se está a falar, sábese algo do tema; pero cando non se pode medir, é dicir, cando non é posible expresalo con números, o coñecemento é insuficiente". Xa dispoñible en Vaca Pinta 48.