Incrementos importantes nos prezos dos produtos lácteos en Fonterra

A primeira poxa de febreiro en Fonterra rexistra cifras positivas en todos os produtos lácteos, con un incremento do 4,2 % no índice global de prezos, que alcanzou os 3.571 $/tonelada.

Destacan as subidas dos prezos da manquequilla, cun 10,3 %, ata os 6.516 $/tonelada, e do queixo, cun 6,3 %, ata os 4.469 $/tonelada. Bos resultados tamén para o leite desnatado en po e para o leite enteiro en po, que incrementan o seu prezo un 4,6 % (2.758 $/tonelada) e un 3,4 % (3.463 $/tonelada), respectivamente.