Fonterra pecha febreiro con poucos cambios na media global

Na poxa de Fonterra de hoxe, o prezo medio de todos os produtos alcanzou os 3.664 $/tonelada, unha mellora do 0,5 % en comparación coa quincena anterior.

Destacan as variacións nos produtos específicos habituais: a manteiga experimentou un aumento do 0,1 %, situándose en 6.526 $/tonelada e o leite desnatado en po, pola outra banda, mostrou un incremento do 1,3 %, chegando aos 2.788 $/tonelada; en contrapartida, o queixo rexistrou unha disminución notable do 7,6 %, alcanzando os 4.143 $/tonelada, e o leite enteiro en po experimentou unha baixada do 1,8 %, fixándose en 3.388 $/tonelada.