Baixada de prazos na xornada de hoxe en Fonterra

Na poxa de hoxe de Fonterra, os resultados reflicten unha tendencia á baixa nesta quincena. O prezo medio de todos os produtos ofrecidos situouse en 3.497 $ por tonelada, marcando unha diminución do 2,9 % en comparación coa sesión anterior.

Entre os produtos destacados, observáronse descensos significativos: a manteiga experimentou unha diminución do 1,4 %, alcanzando os 6.408 $ por tonelada; o queixo rexistrou unha baixa do 1,9 %, situándose nos 4.192 $ por tonelada; o leite enteiro en po sufriu unha caída do 4,2 %, chegando aos 3.143 $ por tonelada, e o leite desnatado en po descendeu un 4,8 %, quedando nos 2.517 $ por tonelada.