Os produtores de FrieslandCampina recibirán en marzo 50 céntimos máis por cada 100 kg

A industria láctea FrieslandCampina, con sede en Holanda, sóbelle o prezo garantido do leite aos seus produtores para marzo 0,50 euros por cada 100 kg e o prezo pagado o próximo mes será de 46,50 euros por 100 quilogramos. 

Este prezo garantido en marzo aplicarase aos 100 kg de leite con contidos estándar de 3,58 % de proteína e 4,45 % de graxa, sen IVE. Ditas cantidades aplícanse, como vén sendo habitual, a unha subministración media de 925.000 quilos de leite anuais.

O valor da proteína para este mes é de 710,29 euros por 100 quilogramos, e o da graxa, de 473,52 euros por 100 quilogramos.