Continúan á alza os pezos en Fonterra

Nunha xornada na que o prezo medio dos produtos sacados a poxa en Fonterra alcanzou os 3.493 $/tonelada (un incremento do 2,3 % con respecto á primeira poxa de xaneiro), o produto sobresaliente foi a manteiga, que aumenta o seu valor nun 5,8 % e chega aos 5.906 $/tonelada. 

Bos rexistros tamén para o leite e o queixo. Tanto o leite enteiro en po como o leite desnatado en po melloran o seu valor nun 1,7 % e anotan un prezo de 3.353 $/tonelada e de 2.338 $/tonelada, respectivamente. Pola súa banda, o queixo chega ata os 4.217 $/tonelada tras subir un 1 %.