Fonterra abre o mes de abril cunha forte subida de prezos

A poxa de hoxe en Fonterra rexistrou unha subida importante nos seus prezos. Así pois, o índice global de prezos do comercio de produtos lácteos aumentou nesta ocasión un 2,8 % con respecto á anterior quincena, e alcanzou os 3.558 $/tonelada.

Nesta ocasión, cabe destacar a subida do queixo, dun 4,1 % ata chegar aos 4.340 $/tonelada. Tamén incrementa o seu prezo o leite enteiro en po, un 3,4 %, e anota 3.246 $/tonelada. A manteiga aumenta de valor nun 3,1 % e, o leite desnatado en po, nun 1,4 %, marcando así ambos os produtos 6.592 $/tonelada e 2.550 $/tonelada, respectivamente.