Fonterra estrea o 2024 con subidas

A poxa de Fonterra rexistrou na primeira cita do ano no índice global de prezos do comercio de produtos lácteos unha suba do 1,2 % situándose nos 3.363 $/tonelada.

A maior suba é a do leite en po, que acada os 3.290 $/tonelada, aumentando nun 2,5 %. Tamén sobe a manteiga (2,1 %) e sitúase nos 5.514 $/tonelada.

O queixo, pola súa banda, descende nun 2,4 % e queda nos 4,165 $/tonelada e o leite desnatado en po sitúase nos 2.613 $/tonelada tras un leve descenso do 0,9 %.