Neste episodio repasamos os contidos da nosa revista número 62, marcada polos retos sanitarios, o relevo xeracional e a procura dunha gandaría máis sostible.
A dermatose nodular contaxiosa e a aparición do virus Shamonda centran parte da actualidade. Falamos de prevención e bioseguridade co experto Alberto Allepuz e estreamos novos contidos na nosa sección ‘A debate’.
Tamén viaxamos a Agropec e a SPACE para coñecer as últimas novidades en automatización, xestión da auga e eficiencia gandeira, e visitamos Casa Menor, en Boimorto, unha historia de relevo xeracional protagonizada por un traballador que asume as rendas da granxa na que levaba anos traballando.
Ademais, entrevistamos a Jodi Wallace e Javier Camba para abordar cuestións relacionadas coa recría e a peritaxe de sinistros agrarios. En ‘É o leite’, David Céspedes reflexiona sobre a importancia de combater a desinformación e divulgar o valor dos alimentos.
Completan este número os nosos especiais de recría e medio ambiente, xunto con contidos sobre saúde podal e unha análise da evolución das emisións de amoníaco no sector durante as últimas dúas décadas.