Nanta reduciu nunha década un 85 % da produción de pensos medicados grazas a Nutrición Sostenible

Hai 10 anos, Nanta lanzaba Nutrición Sostenible, o seu compromiso corporativo con duplicar a produción mundial de alimentos de cara ao 2050 á vez que reducen á metade o impacto da súa actividade.

Desde a posta en marcha desta iniciativa, a compañía conseguiu reducir a medicación nos pensos nun 70 % no período comprendido entre 2016 e 2020 e, a partir dese ano, acelerouse a caída ata conseguir unha redución do 85 % no período 2020-2022 (preto do 80 % no caso dos antibióticos críticos para a saúde humana, alcanzando o 0 % de uso de colistina xa en 2018).

Desde o lanzamento do proxecto Nutrición Sostenible, Nanta recolle aanálise dos resultados da monitorización en explotacións realizada polos seus técnicos expertos e publícaos na súa web.