Boehrinnger presenta os novos criterios para a proba de sensibilidade de Ubrolexin® no tratamento da mastitis

Boehrinnger presenta os novos criterios para a proba de sensibilidade de Ubrolexin® no tratamento da mastitis

O Clinical and Laboratory Standards Institute (CLSI) revisou e aprobou os novos criterios para a interpretación das probas de sensibilidade á combinación de antibióticos que compoñen Ubrolexin®, de Boehringer Ingelheim, e corroborou que a mestura na proporción adecuada de antibióticos presentes en Ubrolexin® xera unha situación de sinerxía que, por unha banda, incrementa a súa eficacia e, por outra, require de criterios de interpretación das probas de sensibilidade específicos.

Ubrolexin® é un composto de kanamicina e cefalexina para o tratamento intramamario de mastites clínicas en vacas leiteiras en lactación e a combinación de ambas as sustancias activas amplía o espectro de actividade calculado para ambas por separado, evidenciándose así a situación de sinerxía entre elas para o tratamento da mastite.

“Estas novas recomendacións revisadas e aprobadas polo CLSI teñen ademais en conta os múltiples datos de sensibilidade recompilados recentemente de mostras de casos de mastite clínica en campo e, polo tanto, son actualmente as adecuadas para valorar a sensibilidade á combinación cefalexina-kanamicina  dos patóxenos involucrados nos casos de mastite, e as que debemos seguir a partir de agora”, explica Manuel Cerviño, Asesor Técnico de Rumiantes de Boehringer Ingelheim Animal Health España.