27-11-2024
A 22.º edición do Congreso Mundial de Podoloxía Bovina tivo lugar na cidade italiana de Venecia, onde se reuniron boa parte dos mellores investigadores, científicos, profesores, veterinarios e técnicos do mundo. Nesta nova entrega de saúde podal, que ve a luz en Vaca Pinta 48, José María García Nieto (presidente da APPB) ofrécenos unha síntese dos temas clave que se debateron neste encontro.