03-02-2021
Os investigadores Uxía Yáñez, Elio López, Pedro J. García, Ana I. Peña, Luis A. Quintela e Juan J. Becerra (Facultade de Veterinaria de Lugo, USC) poñen o foco neste estudo, incluído en Vaca Pinta 21, nunha das patoloxías reprodutivas máis frecuentes no posparto, a retención de placenta (RP), un proceso que se debe ter en conta nas explotacións de gando vacún debido á súa influencia na eficiencia reprodutiva dos animais e no rendemento económico das granxas afectadas.