Calidade nutricional e fermentativa do ensilado de herba

Calidade nutricional e fermentativa do ensilado de herba

Para maximizar a produción de leite e a saúde das vacas, é clave recoller o raigrás no seu momento óptimo e asegurar unha fermentación láctica rápida que minimice a degradación de proteínas. Un manexo preciso do pH e o control de aminas bióxenas e fibra dixestible permiten conservar o valor enerxético da forraxe, o que evita perdas nutricionais e problemas sanitarios no rabaño. Alexandre Udina analiza neste artigo de Vaca Pinta 57 todas estas cuestións.