ESPECIAL: XENÉTICA E REPRODUCIÓN

Que resulta máis eficaz e económico para inseminar xovencas: protocolos hormonais con ou sen dispositivo intravaxinal de proxesterona?

Neste traballo publicado en Vaca Pinta 28 e realizado de maneira conxunta entre membros do departamento de Veterinaria da Facultade de Ciencias Biomédicas e da Saúde da UEM, Dairy Professionals e o Departamento de Reprodución Animal do INIA-CSIC, amósanse os resultados do estudo no que, a partir dun grupo de máis de 500 xovencas dunha granxa de recría comercial, se compara a eficiencia reprodutiva e económica tras aplicar o protocolo 5d Co-synch-72 h con ou sen dispositivo intravaxinal de proxesterona (DIP), no que se tivo en conta, ademais, o factor estrés por calor.