O pasado mes de marzo un grupo de estudantes do Ciclo Superior de Gandería e Asistencia en Sanidade Animal de EFA Fonteboa viaxou a Irlanda grazas ao Programa Erasmus+ K103. Durante a súa estadía, ademais do idioma e da cultura do país, puideron coñecer de preto un sistema de produción de leite diferente ao galego, unha vivencia que cualifican de “moi positiva” cara ao seu futuro profesional no sector e que recolle a revista Vaca Pinta no seu número catro.