ESPECIAL: SEMENTEIRA DO MILLO FORRAXEIRO | A VOZ DO TÉCNICO

Preparados, listos… Arranca a campaña do millo forraxeiro

Técnicos de casas comerciais e distribuidoras de sementes de millo, fertilizantes e fitosanitarios comparten con nós os seus mellores consellos para lograr unha campaña de millo con grandes resultados. Como poden afectarnos as cambiantes condicións climáticas? Que aspectos debemos ter en conta para alcanzar unha produción rendible? Como nos afectan as normativas europeas? Cal é a importancia dos ensaios de variedades de millo dos centros oficiais coma o CIAM e o Serida? Estas son algunhas das cuestións que lles propuxemos.

No especial de Vaca Pinta 51 sobre a sementeira do millo forraxeiro, xa habitual do noso número de marzo, falamos con diversos técnicos de casas comerciais e distribuidoras de sementes de millo, abonos e fitosanitarios para abordar as respostas a estas e outras preguntas relacionadas con este cultivo.

ENTREVISTAS EN VÍDEO