XENÉTICA

Optimizando o progreso xenético do vacún de leite galego: presente e futuro

Optimizando o progreso xenético do vacún de leite galego: presente e futuro

Tendo en conta a cada vez maior importancia de implementar estratexias reprodutivas para contribuír ao progreso xenético nas granxas, o grupo de investigación composto por Izadora Baldo, Antía Acción, Jacobo Álvarez, Renato Barrionuevo, Uxía Yáñez, Juan J. Becerra, Pedro G. Herradón, Ana I. Peña, Luis A. Quintela (Universidade de Santiago de Compostela), Jorge Fernández, Pablo Reboiro e Juan Cainzos (ABS) decidiu levar a cabo unha pescuda a partir de 39 explotacións galegas co fin de establecer o valor xenético medio e determinar os métodos de selección máis comúns nesta comunidade. En Vaca Pinta 54 ofrecen os resultados e as conclusións principais do devandito estudo.