INVESTIGACIÓN

Metano, vacas e cambio climático: realidade ou esaxeración mediática?

Metano, vacas e cambio climático: realidade ou esaxeración mediática?

Mentres o debate sobre o cambio climático se intensifica, xorde unha pregunta clave: por que o foco apunta agora cara á gandería e non cara a outras fontes importantes de metano? Sobre esta cuestión reflexionan en Vaca Pinta 54 Cristina Castillo, Rodrigo Muíño, José Luís Benedito, Lucía Díaz, Elena Martínez e Joaquín Hernández (Facultade de Veterinaria de Lugo e Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural), co propósito de desmitificar algúns aspectos deste conflito que prexudica cada vez máis ao sector gandeiro.