ESPECIAL: RECRÍA

Máis alá da inmunidade: papel nutricional e bioactivo do calostro

Máis alá da inmunidade: papel nutricional e bioactivo do calostro

O calostro bovino é moito máis que un vehículo de inmunidade pasiva: a súa complexa composición de nutrientes, inmunoglobulinas e compostos bioactivos inflúe de forma decisiva na saúde e no rendemento produtivo das xovencas a curto e longo prazo. Vémolo polo miúdo no seguinte estudo publicado en Vaca Pinta 55 por Lucía Pisoni, do departamento de Ciencia Animal e Nutrición da Universidade de Guelph e do departamento de Investigación Clínica de Saskatoon Colostrum Company Ltd. (O Canadá).