MANEXO

Manexo de xatos machos procedentes da industria láctea desde o nacemento ata a chegada ás granxas de engorde

Neste estudo, publicado en Vaca Pinta 46, Lucía Pisoni, Sònia Marti e Maria Devant (Produción de Ruminantes, IRTA), Anna Bassols (Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular, Facultade de Ciencias Veterinarias da Universidade Autónoma de Barcelona) e Joan Pujols (Centro de Investigación en Sanidade Animal, Edificio CReSA, Universidade Autónoma de Barcelona) abordan a importancia do coidado dos xatos dende as súas granxas de orixe ata as de engorde, analizan os factores de risco do seu traslado e ofrecen pautas para a implementación de estratexias nutricionais antes e despois do transporte ata chegar ao seu destino final.