MANEXO

A importancia dunha adecuada selección dos sementais de carne para cruzamento industrial

En Vaca Pinta 33 publicamos este estudo de Pablo Reboiro, Mauro Morello e Juan Cainzos, de ABS España, no que analizan a evolución do uso de seme de carne en vacún de leite, unha produción que representa unha boa oportunidade para un ingreso adicional nas gandarías. Para iso, débense ter en conta dous alicerces fundamentais: que sexa interesante para o gandeiro de leite e que o tenreiro obtido sexa rendible para a cadea de produción de carne.