ESTRÉS POR CALOR

A importancia dos antioxidantes no estrés por calor

Neste traballo publicado en Vaca Pinta 30, escrito por Patrick O´Neill (Multimin Iberia) e traducido por Seve Fernández, ponse o foco nos beneficios da suplementación estratéxica de oligoelementos inxectables antes do inicio dos meses máis calorosos e durante o verán co fin de mellorar os niveis de encimas antioxidantes nos rabaños e mitigar os efectos negativos do estrés por calor, co obxectivo de manter o benestar das nosas vacas e, en consecuencia, o rendemento económico da nosa granxa.