Varios profesionais membros da APPB participaron como docentes nas xornadas prácticas ofrecidas ao alumnado do Máster en Sanidade, Benestar e Sostibilidade da Produción Bovina no seu segundo cuadrimestre, que se levou a cabo entre o 1 e o 3 de xullo, como parte dunha colaboración da Universidade de Lleida (UdL) e do Laboratorio Hipra. Cóntao en Vaca Pinta 54 o experto en formación especializada no campo para veterinarios enfocados en produción bovina Marc Pineda.