ESPECIAL: ESTRÉS POR CALOR

A alta produción de leite non é sinónimo dunha menor fertilidade en condicións de estrés por calor

O obxectivo principal deste estudo, que abre o noso especial de estrés por calor de Vaca Pinta 24, asinado por Israel Flameubaum (Cow Cooling Solutions Ltd. Israel), é cambiar a crenza no público de que ao obter unha alta produción de leite se debe “sacrificar” algo na fertilidade e demostrar que, se implementamos boas prácticas de manexo nas vacas de alto rendemento, se poden alcanzar niveis incluso mellores que coas de baixa produción.