ESPECIAL: SEMENTEIRA DO MILLO FORRAXEIRO

Influencia da rega no millo forraxeiro. Resultados preliminares de dous ensaios no interior de Galicia

Ante a evidencia de que o millo ensilado constitúe a base forraxeira da ración diaria  consumida polas vacas en lactación, un equipo de investigadores, formado por Juan Valladares, Valentín Souto e Gonzalo Flores do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e Marcos Veiga e Sonia Pereira do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal), levou a cabo un estudo para demostrar as vantaxes produtivas da súa rega, en concreto mediante o  sistema de goteo na área agroclimática continental do sur das provincias de Lugo e Ourense. Os resultados da devandita investigación preséntanse neste especial da sementeira de millo forraxeiro.