Indicadores de sostibilidade aplicables a granxas de produción de leite. Un estudo de caso

Indicadores de sostibilidade aplicables a granxas de produción de leite. Un estudo de caso

Este traballo, asinado por María Raquel Ramos-Garea e M.ª Ángeles López-Cabarcos (Universidad de Santiago de Compostela, (USC), que ve a luz en Vaca Pinta 53, desenvolve un marco de análise que trata de unificar indicadores de sostibilidade susceptibles de seren utilizados nas granxas de vacún de produción de leite. Para iso, levouse a cabo, en primeiro lugar, unha recompilación de indicadores de sostibilidade económicos, sociais e ambientais e, a continuación, avaliouse a súa aplicabilidade en seis granxas situadas en Galicia.