Este traballo, publicado en Vaca Pinta 59, céntrase no obxectivo 1 do Proxecto Go Maíz: obter, avaliar e seleccionar híbridos de millo forraxeiro desenvolvidos a partir de variedades locais galegas, con alto rendemento en forraxe verde e materia seca, calidade nutritiva e adaptación ao medio. Laura Campo, Delia Labraña e Juan Valladares, do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM)-Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), e Pedro Revilla, Ana Butrón, Amanda Verde, Lorena Álvarez-Iglesias, Nadia Chibane, Verónica Codesido e Rosa Ana Malvar, da Misión Biolóxica de Galicia (CSIC), presentan os resultados preliminares de produción forraxeira con base no contido de materia seca.