FORMACIÓN

Galicia e Bretaña, moito por compartir

A través do programa Erasmus+, dende hai xa unha década os estudantes de Produción Agropecuaria do Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa teñen a oportunidade de realizar unha estancia de tres semanas en diferentes rexións de Francia. Neste estudo, publicado en Vaca Pinta 47, Luis García Fernández, da Dirección Institucional Federación EFA de Galicia, resume as palabras de Olivier Carvin, responsable do Servizo de Economía e Emprego da Chambre d’Agriculture de Bretaña, quen explica a situación, a evolución e as tendencias da produción de leite na rexión, e ofrece unha comparativa de ambos territorios leiteiros, os cales comparten moitas similitudes.