ESPECIAL: SEMENTEIRA DO MILLO FORRAXEIRO

Factores clave na elección do híbrido de millo para o ensilado

A elección do híbrido de millo axeitado para o ensilado é unha decisión estratéxica para defender a rendibilidade da produción leiteira. Esta decisión debe basearse nunha avaliación integral de varios elementos fundamentais que non só afectan á produtividade en campo senón tamén á calidade da forraxe. Analízao Juan Pablo Gnata (MAS Seeds) neste artigo publicado en Vaca Pinta 51.