ECONOMÍA

Estrutura produtiva das ganderías de vacún de leite ecolóxico en Galicia

No seguinte artigo, dispoñible en Vaca Pinta 34, Ibán Vázquez (USC), Carlos Rojo (USC), Maria do Mar Pérez (USC) e Xan Pouliquen (Xestión Agrogandeira e Natureza) presentan o traballo levado a cabo a partir da enquisa realizada a 28 explotacións de leite en ecolóxico en Galicia en 2019, cando esta comunidade tan só tiña 4,2 % de superficie certificada, co fin de caracterizalas desde o punto de vista produtivo e socioeconómico, nun contexto marcado polas novas políticas ambientais europeas.