Con carácter bianual, este ano tocou convocar o Congreso Internacional do Grupo ANKA, que se desenvolveu os días 5 e 6 de xuño. Como é xa habitual, a granxa xerundense MAIS BES cedeu as súas instalacións para congregar profesionais procedentes de ata 32 nacionalidades distintas, que trataron temas de grande interese na podoloxía bovina, así como novidades da podoloxía. No marco do Congreso tamén se celebrou o II Campeonato Mundial de Recorte, que organiza a APPB en colaboración coa empresa navarra.