MANEXO

Efecto do estrés por calor e do arrefriamento das vacas no verán na súa eficiencia alimenticia

Israel Flamenbaum (Cow Cooling Solutions) presenta diferentes estudos de investigación que confirman ao longo dos anos que o estrés por calor causa “ineficacia nutricional” nas vacas; con base nesta premisa, neste artigo resume os resultados do traballo do que formou parte, xunto a un equipo de investigación do Ministerio de Agricultura de Israel, levado a cabo na granxa experimental do citado Ministerio.