Tras máis de corenta anos dedicados á formación agraria, o Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa adapta cada ano os seus programas educativos ás innovacións e ás demandas que a evolución do sector agropecuario vai esixindo. O seu director, Luis García Fernández, cóntanos nesta reportaxe publicada en Vaca Pinta 4 os principais obxectivos do centro, a metodoloxía de traballo e a oferta formativa actual.