ESPECIAL: RECRÍA

Diarrea neonatal e uso de antibióticos: é hora de cambiar vellos costumes

O uso de antibióticos no tratamento da diarrea neonatal do xato é unha práctica moi estendida. Porén, en numerosas ocasións o seu emprego non é preciso e, ademais, pode favorecer a selección e diseminación de bacterias resistentes a eles. Neste traballo publicado en Vaca Pinta 34, o grupo INVESAGA, do Departamento de Patoloxía Animal da Facultade de Veterinaria de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), céntrase na situación en Galicia con respecto a este fenómeno e poñemos o foco en cando é realmente necesaria a súa aplicación e como elixir o máis axeitado en cada caso.