SAÚDE PODAL

Desafíos e oportunidades na illa Terceira

Neste artigo de Vaca Pinta 50, Richard Touret (APPB e Finca-Pé) cóntanos como a illa Terceira (Azores) serviu como escenario para a Xornada titulada Podoloxía Bovina: Desafíos e Oportunidades na Illa Terceira, unha nova iniciativa da APPB que, malia a súa brevidade, foi intensa e moi valorada polos podólogos, veterinarios e produtores de leite que se reuniron alí para abordar o tema da mobilidade das vacas e a saúde das patas.