SAÚDE ANIMAL

Cando o BVD mostra a súa peor cara, temos que estar ben armados

A veterinaria M.ª Esperanza González Rodríguez presenta este artigo en Vaca Pinta 25 no que describe o traballo que realizou nunha granxa da ADSG de Gando Vacún de Mesía (A Coruña), da cal é responsable, onde levou a cabo o seguimento e a curación dun brote clinicamente dramático de BVD, que foi detectado en novembro de 2018 e controlado en febreiro de 2020.