SEMENTEIRA DO MILLO FORRAXEIRO

Coñeces as claves para lograr unha sementeira de millo óptima?

Tendo en conta a situación actual, con subas de prezos xeneralizada, inestabilidade en países produtores de sementes etc., garantir unha campaña de millo rendible é aínda máis importante do normal. A través desta serie de entrevistas, recollidas en Vaca Pinta 37, acudimos a técnicos de casas comerciais e distribuidoras de sementes de millo, así como de empresas de fertilizantes e fitosanitarios, para dar cos factores esenciais aos que lles prestar atención durante o proceso de sementeira e cultivo.