MANEXO

Ceba en Galicia: optimización e protocolización dun sistema de engorde de xato frisón rendible e replicable

Neste artigo, publicado en Vaca Pinta 47, Rubén Domínguez-Valencia, Francisco Bello, Luis García e Francisco Estévez (Centro Tecnolóxico da Carne, CTC) preséntannos o Grupo Operativo do proxecto no que participan a Asociación Agraria de Galicia (Asaga), Gudiagro SL e o Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), que nace co principal obxectivo de promover a ceba en Galicia de gando vacún de raza frisona, para que os agricultores poidan desenvolver unha actividade que lles permita obter maiores ingresos e aumentar a viabilidade da súa granxa.