MANEXO

Benestar animal, instalacións e manexo: receita para un bo rendemento produtivo do rabaño

Neste artigo publicado en Vaca Pinta 36; Uxía Yáñez Ramil, Sonia Verdes Gil, Juan J. Becerra González, Pedro J. García Herradón, Ana I. Peña Martínez e Luis A. Quintela Ariasos recollen os resultados dunha serie de estudos levados a cabo nos últimos anos, nos que foron avaliadas preto de duascentas granxas de vacún de leite da provincia de Lugo, co fin de analizar diferentes aspectos relacionados co grao de confort e benestar dos animais, un parámetro fundamental para a saúde das vacas, o que repercute directamente na rendibilidade das explotacións.