INVESTIGACIÓN

Ante a escaseza de materias primas, xa é hora de considerar o uso de insectos na ración dos ruminantes

Neste informe, que se pode consultar en Vaca Pinta 36, Cristina Castillo, José Luís Benedito, Rodrigo Muíño e Joaquín Hernández, do departamento de Patoloxía Animal da Facultade de Veterinaria de Lugo (USC), pretenden ofrecer unha análise da situación actual no marco da produción de ruminantes a partir dos estudos realizados en distintos países, que demostra que a introdución de insectos na súa ración é unha solución rendible e respectuosa co medio ambiente.