CALIDADE DO LEITE

Ácidos graxos no leite: que sabemos da experiencia en Galicia

Juan Cainzos, Senior Sales Manager de ABS España, presenta os resultados da súa análise exposta nas últimas xornadas de Africor Lugo e Vaca Pinta. O obxectivo deste estudo, publicado en Vaca Pinta 33, foi determinar as distintas correlacións e asociacións do perfil de AG coa produción de graxa e proteína, polo que se efectuou en base a 310.905 mostras de control leiteiro procedentes de 97.244 animais de 1.253 granxas de leite da provincia de Lugo (datos de Africor Lugo), no período comprendido entre febreiro e maio deste ano.