O Observatorio Europeo do Mercado do Leite fixo públicos os datos relativos aos prezos medios de venda do leite cru nas explotacións agrícolas dos países membros da Unión Europea durante o mes de xaneiro de 2022, os cales reflicten un incremento global en comparación co mes anterior.
Rexístranse subidas especialmente nos prezos do leite enteiro en po (+4,2 %) e do leite desnatado en po (+4,0 %) até os 4,77 €/kg e os 3,79 €/kg, respectivamente. Destaca, así mesmo, a melloría do valor da manteiga, que alcanza os 6,14 €/kg (+3,1 %), e están ademais á alza o queixo, que chega aos 3,69 €/kg (+1,2 %), e o leite cru, que logra os 0,42 €/kg (+1,8 %).
O informe confirma tamén o continuo e importante aumento dos custos de produción, tanto en alimentación (+16,1 %) como en enerxía (+25,2 %).