ESPECIAL: CULTIVOS PRATENSES

Caracterización da produción de carne de vacún en base a pasto en Galicia: diferenzas entre as explotacións ecolóxicas e convencionais

Caracterización da produción de carne de vacún en base a pasto en Galicia: diferenzas entre as explotacións ecolóxicas e convencionais

A partir dos datos extraídos dunha mostra de 26 explotacións produtoras de carne en base a pasto en Galicia (2022), nestas páxinas de Vaca Pinta 47 Ibán Vázquez-González (Universidade de Santiago de Compostela), Cristian Miras-Varela, María do Mar Pérez, Bernardo Valdès e Ana Isabel García expoñen os resultados da devandita investigación, levada a cabo con base nas seguintes variables: estrutura produtiva, produción de carne, estado reprodutivo, manexo do pasto, traballo e economía.