Africor Lugo busca persoal nas zonas de Sarria e Monforte
19 de mayo de 2026 ls 18:02 por Redes TransmediaAFRICOR LUGO é unha entidade de Control Leiteiro que presta servizo a 1.100 ganderías da provincia de Lugo, para atender estas ganderías precisa de persoal que visite todos os meses as mesmas, recollendo mostras de leite e información relativa aos animais da explotación (altas, baixas, partos, produción etc.).
Necesita incorporar persoal nas zonas de Sarria e Monforte.
Interesados enviar curriculum a info@africorlugo.com ou chamar ao 982 250714.
Requisitos:
-Non se esixe unha titulación especifica
-Carné de conducir
-Coche propio
Valórase:
-Coñecementos básicos da ganadería de leite
-Manexo de ferramentas informáticas (ofimática básica)
-Dispoñiibilidade horaria