DATOS FEGA FEBREIRO 2021

Lixeira baixada do prezo medio do leite tras a suba dos últimos meses

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) acaba de publicar o informe de entregas de leite correspondente ao mes de febreiro, no que se plasma un prezo medio do conxunto estatal de 0,338 €/litro, inferior ao rexistrado no mes de xaneiro (0,340 €/l) pero superior ao rexistrado no mesmo período do ano 2020, cando se lograba un prezo medio de 0,336 €/litro.

Canarias (0,427 €/litro), Asturias (0,355 €/litro), País Vasco (0,352 €/litro) e Cataluña (0,350 €/litro) son as comunidades que manteñen os importes máis elevados, mentres que Baleares (0,317 €/litro), Galicia (0,327 €/litro), Aragón (0,332 €/litro) e Estremadura (0,332 €/litro) se sitúan no outro extremo.