O índice de prezos dos produtos lácteos fíxase en 3.979 $/tonelada na 12.ª poxa do ano de Fonterra. A cifra global supón unha baixada do 2,8 % con respecto á poxa anterior. Non obstante, é un valor lixeiramente superior ao rexistrado hai un ano: 3.794 $/tonelada.
Neste escenario, destaca a baixada de varios derivados lácteos. A mozzarella descende un 5 %, para quedar en 3.750 $/tonelada.
Pola súa banda, o leite desnatado en po situouse en 3.368 $/tonelada cunha baixada do 3,6 % e o cheddar rexistrou un prezo de 4.471 $/tonelada cunha baixada do 3,4 %.
Tamén descendeu o leite enteiro en po (-3,1 %), que cifrou o seu valor en 3.589 $/tonelada, e a manteiga (-2,4 %), que marcou un prezo de 5.516 $/tonelada.