DATOS SETEMBRO 2018

Subida do prezo medio do leite, segundo o novo informe do FEGA

Subida do prezo medio do leite, segundo o novo informe do FEGA

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publica o informe de entregas de leite correspondente ao mes de setembro, no que se rexistra un incremento do prezo medio no conxunto estatal de 0,314 €/litro no mes de agosto a 0,317 €/litro en setembro. Por comunidades autónomas, continúan mantendo os importes máis elevados Canarias (0,450 €/litro), Asturias e País Vasco (0,338 €/litro) e Andalucía (0,327 €/litro). En cambio, os máis baixos sitúanse en Cantabria (0,306 €/litro), Galicia (0,308 €/litro), Extremadura e Cataluña (0,317 €/litro).