Repuntan os prezos de venda en Fonterra

O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos rexistrou hoxe un incremento final do 4 %  ata alcanzar os 3.927 $/tonelada de media.

Todos os produtos sacados a poxa aumentaron o seu valor con respecto á quincena pasada. Destacou particularmente o aumento do valor do leite enteiro en po (+7,3 %), que anotou un prezo de 3.274 $/tonelada. Bos datos tamén para a manteiga, que sobe ata os 4.948 $/tonelada (+3,7 %); para o queixo, que ao peche da poxa alcanzara os 4.328 $/tonelada; e para o leite desnatado en po, que chega aos 3.691 $/tonelada (+3,3 %).

COMO ESTABAMOS HAI UN ANO?

Mentres que na península os gandeiros contínuan congregándose para reclamar un prezo xusto pola súa produción, en mercados internacionais parece que o valor do leite non fai senón aumentar, pero, como de notable foi ese aumento? A continuación recollemos unha comparativa entre o valor de cada produto hoxe e hai un ano:

 20202021
Leite enteiro en po2.985 $/ton3.274 $/ton
Leite desnatado en po2.889 $/ton3.691 $/ton
Queixo3.674 $/ton4.328 $/ton
Manteiga3.282 $/ton4.948 $/ton