DATOS OUTUBRO 2019

Nova subida do prezo medio do leite, segundo o último informe do FEGA

Nova subida do prezo medio do leite, segundo o último informe do FEGA

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publica o informe de entregas de leite correspondente ao mes de setembro, no que se rexistra un incremento do prezo medio no conxunto estatal de 0,323 €/litro no mes de agosto a 0,326 €/litro en setembro. Por comunidades autónomas, continúan mantendo os importes máis elevados Canarias (0,450 €/litro), Asturias (0,352 €/litro), Andalucía (0,349 €/litro) e País Vasco (0,348 €/litro). En cambio, os máis baixos sitúanse en Aragón, Cantabria, Cataluña (0,325 €/litro) e Galicia (0,321 €/litro).